Ir ao contido

Exemplo S2I MkDocs

Un arquivo index.md é obrigatorio para aqueles que non queiran usar o plugin i18n, e por ende, a súa documentación estará en unha lingua soamente. Máis información de como configurar un sitio cunha soa lingua aquí.

Para aqueles usuarios que desexen ter un sitio en multiples linguas ou que desexen configurar o seu sitio có plugin i18n, este ficheiro debe ser borrado, xa que a utilización do plugin i18n exise seguir o formato de nomeado de arquivo nome_arquivo.<lingua>.md. Vostede pode ver máis información de como configurar un sitio con múltiples linguas aquí.

Máis información de como foi creada esta páxina está dispoñible no repositorio S2I MkDocs Container GitLab.

Arquivos fonte

Os arquivos fonte deste exemplo poden atoparse no repositorio MkDocs Example GitLab.

Theme

Este exemplo emprega o theme Material para MkDocs. Para empregar este theme tan só ten que engadilo no seu ficheiro de configuración de MkDocs (mkdocs.yml):

theme:
    name: material

Na parte ezquerda atopará a estrutura completa de contidos do sitio. Pola contra, na parte dereita poderá atopar a tabla de contidos da páxina na que actualmente está.

Multi-linguaxe i18n

Se vostede quere publicar a súa documentación en diferentes idiomas, está á súa disposición o plugin mkdocs-static-i18n para este propósito.

Para elo, vostede debe engadir no seu ficheiro de configuración de MkDocs (mkdocs.yml) as linguas que quere empregar da seguinte forma:

extra:
  alternate:
    - name: English
      link: ./
      lang: en
    - name: Français
      link: ./fr/
      lang: fr
    - name: Galego
      link: ./gl/
      lang: gl

Ademáis, debe engadir o plugin i18n á lista de plugins empregados, xunto coa lingua por defeto e a lista de linguas na que pon a súa documentación dispoñible. Pode consultar aquí as linguas aceptadas. Á súa vez, pode indicar tamén como quere traducir os títulos das diferentes seccións na parte de navegación:

plugins:
  - search
  - i18n:
    default_language: en            # Aquí indícase a lingua por defecto, neste caso o inglés
    languages:
      en: english
      fr: français
      gl: galego
    nav_translations:
      en:                           # Traducción en inglés dos títulos das seccións
        Chapter1: Chapter 1
        Subchapter1: Chapter 1.1
        Subchapter1a: Chapter 1.1.1
        Chapter2: Chapter 2
        Interesting links: Links to resources
      fr:                           # Traducción en francés dos títulos das seccións
        Chapter1: Chapitre 1
        Subchapter1: Chapitre 1.1
        Subchapter1a: Chapitre 1.1.1
        Chapter2: Chapitre 2
        Interesting links: Liens vers des ressources
      gl:                           # <= VOSTEDE ESTÁ AQUÍ AGORA
        Chapter1: Capítulo 1        # Traducción en galego dos títulos das seccións 
        Subchapter1: Capítulo 1.1
        Subchapter1a: Capítulo 1.1.1
        Chapter2: Capítulo 2
        Interesting links: Links a fontes

Por outra banda, é importante que todos os seus ficheiros estén correctamente nomeados có formato <nome_ficheiro>.<lingua>.md para que cada un sexa ubicado na lingua correcta. Vostede pode apreciar que este exemplo contén un arquivo index.md que se emprega para ilustrar o caso de que un usuario non queira empregar o plugin i18n, e por ende, a súa documentación estará nunha soa lingua. Se vostede quere desplegar un sitio con multiples linguas, por favor, ignore este arquivo.

IMPORTANTE: debe darse de conta de que as chaves das tuplas do mapa do ficheiro de configuración MkDocs mkdocs.yml é o nome da carpeta que contén os seus ficheiros na carpeta docs (Chapter_1, Subchapter1a, etc.). Este mapping é sensíbel ás maiúsculas e ás minúsculas e ten que comezar sempre por maiúsculas incluso se a carpeta comeza por minúsculas coma neste exemplo. Ademáis, os guións baixos _ nos nomes das carpetas son traducidos en espacios no mapeo do mkdos.yml (pode ver o examplo de interesting_links como nome da carpeta e Interesting links: Links a fontes como mapeo no mkdos.yml). É obrigatorio seguir esta convención xa que pola contra, se non se fai, os títulos da navegación non será traducidos.